A selección galega júnior participou esta sábado no XVII Campionato de taekwondo “Laura Solís” – Ayuntamiento de Basauri  e acadou un total de 27 medallas (7 ouros, 9 pratas e 11 bronces).

 

Categoría masculina

En – 55 quilogramos o podio foi completamente galego con José Santamaría (Natural) no máis alto, Mateo Muñiz (Malamía) como medalla de prata e Dani Agra (Mat´s) e Mario Faro (Leam), no terceiro chanzo do podio.

José Santamaría venceu en catro combates para lograr o ouro e foi eliminando sucesivamente a representantes de Madrid, do club organizador The Masters, Galicia e o tamén galego Mateo Muñiz. Pola súa banda, Mateo fixo tres combates e só cedeu ante Santamaría.

 

En -59 os taekwondistas galegos lograron un dobrete.  Dani Caamaño (Natural Sport) conseguiu a medalla de ouro despois de superar a Madrid, Cataluña e a David Infiesta ( Garrapucho) na gran final. Pola súa banda, Infiesta para chegar a este último combate, antes eliminou a Cataluña e o País Vasco.

 

E seguimos coas medallas da selección. Antón Quintero (Kwon) logrou a prata en -78, mentres que Luis Fero (Boudsport) foi bronce. Ambos cederon ante o representante catalán, e Antón eliminou nas semifinais a Madrid por 2-0.

 

Tamén conseguiron o ouro Adrián Valladares (-68, Sares), tras vencer na final a Cataluña en dous asaltos, e Roi Fraga (-63, Nº Phi), que gañou a dous representantes de Cataluña, tanto na semifinal como na final. Pola súa banda,  David Noya (-73, TK Denodo), Yago Sande (-45, Maniotas) e Tiago Torea (-48, JFR) foron prata e Thiago Segade (-51, Natural), Efrén Laranga (-48, Natural Sport)  e Radu Ciobanu  (+78, Hebe), bronce.

 

Categoría feminina

Na categoría feminina houbo tres ouros. Nadia Bouzas (-52, Kae Sport) logrou subir ao máis alto do podio tras vencer na semifinal a Cataluña e na final ao país Vasco, en ambos casos en dous asaltos.  Pola súa banda, Dafne Piñeiro (-55, Natural Sport) e Lucía Golobardas (-68, Patiño) acadaron o ouro despois de superar a taekwondistas catalás na gran final.

 

Andrea Videla (-42, Natural) foi prata tras vencer a Cataluña nos cuartos e a Madrid na semifinal. No puido na final coa representante local, do País Vasco. Emma García (-49, Kwon) tamén fixo tres combates. Superou a A Riouxa e o País Vasco, pero cae una final ante Cataluña. E a terceira prata galega feminina foi para Sara Díaz (-59, Mace Sport) que venceu a Cataluña en dous asaltos na semifinal, pero perdeu na final tamén ante unha representante catalá.

 

Ada Hermelo (-46, Hebe), Alba Román (-59, Tao), Judith Chas (-63, Kwon), Carla Álvarez (-63, Kae Sport)  e Sheila Gómez (+68, Hebe) lograron a medalla de bronce.

 

 

Print Friendly, PDF & Email