Un grupo de taekwondistas galegos participarán esta semana no Open de Israel e posteriormente permanecerán alí uns días adestrando, invitados pola organización.

O equipo galego está formado por Aitana Fariña (Maniotas-Noia), Alex Pazos (Taekanart), Lois Tomás (Natural Sport Ribeira), Iago Mallo (Tao), acompañados polo técnico José Antonio Ríos. A selección viaxou hoxe mesmo en dirección a Tel Aviv. Trala disputa do Open, da categoría G2, os nosos taekwondistas permanecerán uns días alí concentrados e adestrando.

 

Print Friendly, PDF & Email