Galicia logrou a segunda posición na clasificación por equipos masculinos e na xeral, mentres que foi terceiro na feminina, no Campionato de España Júnior, que se celebrou esta fin de semana en Zaragoza. As e os nosos taekwondistas lograron en total 3 ouros, 5 pratas e 5 bronces.

 

Categoría masculina

 

En -51 chegou o mellor resultado para Galicia cun ouro (Javier Otero) e un bronce (Anxo Vidal). Otero (Kae Sport) gañou un total de tres combates e todos eles en dous asaltos. En cuartos eliminou a Diego Pérez (Castela a Mancha) e na semifinal deu boa conta de Rubén Navarro (Madrid). Na final veuse as caras con Francisco Piña (Baleares) e novamente, o taekwondista galego foi moi superior e proclamouse campión de España.

 

Pola súa banda, Anxo Vidal (Natural Sport) logrou a medalla de bronce tras superar a Pablo Jiménez (Andalucía) e Víctor Navarro (Aragón) en dous asaltos en ambos casos. Na semifinal perdeu ante Francisco Piña.

 

O segundo ouro galego foi para Mateo Boudjenane (Boudsport) en -68 quilogramos. Mateo superou nos cuartos a Sergio Martínez (Castela e León); nas semis, a Alejandro Sanz (Madrid) e proclamouse campión de España tras vencer na final a Íñigo Zunzarren (Navarra).

 

En -45 quilogramos houbo dobrete galego, con Adrián Davila (Kae Sport) e Víctor Videla (Natural Sport) no podio. Davila foi prata despois de pasar tres roldas. Gañou a Héctor Vázquez (Madrid) en oitavos; a Bernat Nadal (Baleares) en cuartos e a Izan Oliva (Estremadura) na semifinal. Na final enfrontouse ao valenciano Jairo Agenjo, pero Adrián non puido superalo e tivo que “conformarse” coa prata.

 

Pola súa banda, Víctor Videla venceu a Eneko Amador (Cantabria) a e Marcos Muñiz (Castela a Mancha) para plantarse nas semifinais. Aí caeu derrotado contra Jairo Agenjo, que foi o campión de España

 

Categoría feminina

 

A selección galega feminina conseguiu 1 ouro, 4 pratas e 3 bronces. O ouro galego na categoría feminina foi para Helena García (Dobok) en +68 quilogramos. A galega venceu nos cuartos a Anna Yerpes (Cataluña); na semifinal a Yaiza Patiño (Castela a Mancha) e na final a Inés de Benito (Madrid). Campioa de España!

 

En -44 quilogramos, dobrete galego. Ainhoa Teira (Natural Sport) logrou a medalla de prata, ao perder na final ante Gema Gálvez (Andalucía). Con anterioridade superou a Lucía Enjunto, de Baleares, nos cuartos de final; e á súa compañeira de selección Irene Rodríguez (Suh Sport) na semifinal. Pola súa banda, Irene chegou á semifinal tras superar nos cuartos de final a Marta Sánchez (Estremadura).

 

Silvia Otero (Mat´s) sumou a medalla de prata en -46 quilogramos. A galega venceu a Judith Córdoba (Cataluña) nos cuartos e Irene Rodríguez (Andalucía) na semifinal. Perdeu na final ante Sofía García (Castela a Mancha)

 

Noa Romero (Natural Sport) proclamouse subcampioa de España júnior en -49 quilogramos tras gañar a tres rivais. Nos oitavos superou a Elena Gallego (Murcia); posteriormente a Sandra Gázquez (Cataluña) e na semifinal a Alicia Núñez (Andalucía). Na final tivo como rival a Violeta Díaz (Valencia) e Noa caeu derrotada ante a valenciana.

 

A cuarta prata galega foi para Carla Sesar (Natural Sport) en -55 quilogramos. Nos oitavos eliminou a Alba Serrano (Estremadura); nos cuartos a Alejandra Gutiérrez (Madrid) e na semifinal á catalá Marta Domínguez. Na final, Carla enfrontouse a Irene Maroto (Madrid) e caeu derrotada.

 

En -52 quilogramos, bronce para Elisa Fernández (Garrapucho) tras gañar tres combates: A Lucía Francos (Castela a Mancha), Elena Martínez (Murcia) e Martina Moise (Andalucía). Perdeu na semifinal ante Anna Ibars (Cataluña), quen finalmente logrou o título de campioa de España.

 

O último bronce galego chegou en -68 quilogramos por parte de Alba Rey (Boudsport). Alba gañou en oitavos a Dafne Oliva (Madrid) e nos cuartos a Andrea Naiara León (Baleares). Na semifinal Alba non puido con Lena Moreno (Castela a Mancha).

Print Friendly, PDF & Email