A selección galega logrou a segunda posición na clasificación xeral por equipos do Campionato de España Absoluto de Combate que se celebrou en Torrevieja. Galicia foi primeira na categoría feminina, segunda na masculina e na suma de ambos, na xeral, ocupou o segundo posto. En total o noso equipo acadou 4 ouros (Iván García, Sergio Troitiño, Tania Castiñeira e Carla Sesar), 2 pratas (Javier Otero e Helena García) e 10 bronces (Sara Cortegoso, Ekaterina Rebón, Noa Romero, Arlet Ortiz, Alma Pérez, Alba Rey, Desiree Rivadulla, Adrián Davila, Iago Mallo, David Robleto). Ademais, no campionato de España, Galicia tamén participaron os xuíces galegos Adrián Maceiras, Conchy Martínez e María Bautista.

 

Ouros

Proclamáronse campións de España Iván García (+87, Mat´s), Sergio Troitiño (-87, Mat´s), Tania Castiñeira (+73, Hebe) e Carla Sesar (-57, Natural Sport).

 

O galego Iván García tivo un torneo moi plácido no peso pesado masculino, vencendo todos os combates en dous asaltos e por máis de 15 puntos. Eliminou, por esta orde ao andaluz Pablo Buzón, o valenciano Daniel Murillo (semifinal) e Iván Ysenko (Comunidade Valenciana) na gran  final. Iván xa conta, sumando este, con seis títulos de campión de España.

 

Sergio Troitiño arrincou o torneo ante o catalán Ramón Guasch, ao que venceu en dous asaltos e por diferenza de 15. A continuación, enfrontouse ao andaluz Álvaro Leo Aparicio nun novo “paseo” en dos asaltos e con enorme superioridade. Na final enfrontouse ao seu compañeiro de selección Lucas Llopis, co que leva toda a vida competindo, pero ao que facía case dos anos que non se enfrontaba ao estar Llopis lesionado. Así foi un combate moi emotivo para ambos. No primeiro asalto Sergio foi moi superior (19:0) e o segundo estivo moito máis axustado (8:4). Así, proclamouse campión de España sénior por terceiro ano consecutivo. Neste peso, tamén houbo un bronce galego. Foi para David Robleto, tamén do Mat´s, que gañou en primeira rolda a Jon Cintado e posteriormente a Alejandro Martín, número 2 do ranking. En ambos casos en dous asaltos. David perdeu na semifinal ante Lucas Llopis, tamén por 2-0, neste caso en contra.

 

Tania Castiñeira é, como os seus compañeiros, unha das habituais no máis alto do podio e este ano suma o sétimo campionato de España. A galega tamén fixo tres combates e so sufriu na final ante a representante de Euskadi, Ane Vallo, que se decidiu en tres asaltos e nos instantes finais, onde se impuxo a experiencia da nosa taekwondista. Con anterioridade, eliminou en primeira rolda a Maialen Marco e na semifinal a Zuriñe Padilla, ambas vascas e en combates decididos en dous rounds, con dominio claro de Tania. Tamén no peso pesado feminino, houbo outra medalla galega. O bronce foi para Desiree Rivadulla (Suh Costado) que gañou nos cuartos de final a Paula Mora (2-0) e perdeu na semifinal ante Ane Vallo en tres asaltos

 

A sorpresa chegou da man de Carla Sesar que, con 17 anos, logrou o seu primeiro título de campioa de España sénior, gañando catro combates, todos eles en dous asaltos. No primeiro enfrontouse á representante de Estremadura, Perla Santamaría, á que superou con facilidade para plantarse nos cuartos de final ante a cabeza de serie número 2, Maialen Rentería (Euskadi). Carla volveu dominar o combate con claridade e vencendo con gran diferenza no marcador. A semifinal foi ante a catalá Eva Blesa, e novo triunfo galego en dous asaltos. A taekwondista do Natural disputou a final ante Judith Merlos (Cataluña). Esta foi a loita máis disputada e axustada, pero a pesar de todo a galega logrou vencer en dous asaltos e proclamarse campioa de España sénior.

 

Pratas

O segundo chanzo do podio foi para Javier Otero (-54, Natural Sport) e Helena García (-73, Dobok). Para acadar esa prata, Helena García eliminou en dous asaltos a Amanda Jiménez, Julia Fernández e Andrea Naiara León. So perdeu na final ante Belén Morán, a número 1 do ranking, e foi nun combate axustado que tivo que decidirse en tres rounds. Helena dominou o primeiro asalto e durante o segundo estivo en vantaxe ata os últimos segundos, nos que cedeu por un error táctico. O terceiro round caeu a favor da andaluza, para acadar o título, mentres que Helena logrou unha fantástica prata.

 

En -54 masculino, Javier Otero (Natural Sport) logrou o subcampionato de España, tras superar tres eliminatorias e todas en dous asaltos. Javi venceu a Álvaro Bracamonte, Anwar Benteib e Francisco Piña. Otero só caeu na final ante Jairo Agenjo (2-0). Neste mesmo peso, tamén contamos co bronce de  Adrián Davila (Kae Sport), que superou a Pablo Luque e Bernat Nadal, pero non puido na semifinal con Jairo Agenjo, o futuro campión de España.

 

Bronces

En -53 feminino houbo dobrete galego cos bronces de Arlet Ortiz (Mat´s)  e Alma Pérez (Costado TKD Boiro). Alma venceu nos cuartos á canaria Lucía Luis en dous asaltos e caeu na semifinal ante a catalá Laura Bonals, mentres que Arlet gañou a Paula García (Estremadura) e a madrileña Sofía García, a ambas en dous asaltos, pero non puido na semifinal con Laura Rodríguez (Madrid), que logrou o ouro finalmente.

Tamén en -62 feminino, houbo dous bronces galegos, que foron para Noa Romero (Natural Sport) e Ekaterina Rebón (Número Phi).Noa venceu a Sara Manso (Cantabria) e Ariadna Arrondo (Navarra) e cae una semifinal ante a número 1 do ranking, a catalá Elsa Secanell, quen posteriormente proclamouse campioa de España. Pola súa banda, Ekaterina eliminou á catalá Marta Domínguez e Rocío Hernández (C. Valenciana), pero non puido na semifinal con Elena Torres (Madrid).

 

Sara Cortegoso (-46, Mac Sport), que regresaba á competición tras lesión, acadou a medalla de bronce, tras superar ás representantes de Castela a Mancha e Madrid, e perdendo na semifinal contra Violeta Díaz (C. Valenciana).

 

En -67, Alba Rey (BoudSport) logrou o bronce gañando dous combates. Primeiro superou a Julia Rigual (2-0) e despois a Laura Alonso, en tres asaltos. A nosa deportista caeu na semifinal ante a que posteriormente se proclamou campioa de España, Lena Moreno.

 

E rematamos co último bronce galego, na categoría masculina. Iago Mallo (Tao) subiu ao podio en -80 quilogramos. Mallo, número 3 do ranking, venceu en primeira rolda a Iván Morgan en dous asaltos e posteriormente a Xabier Mediavilla (2-0). Na semifinal, perdeu ante Juan Antonio Millán, en dous asaltos.

Print Friendly, PDF & Email