Galicia foi prata no Campionato de España de Técnica Infantil por Autonomías, que se disputou hoxe en La Nucía (Alacante). A selección galega de técnica infantil acadou un total de tres ouros, unha prata e tres bronces.

 

Os ouros foron para Luca Ada, en infantil masculino; Dalia Francisco, en alevín feminino e Sira Ferreira, en infantil feminino. Ademais, na categoría infantil femInina Valeria Soto logrou a medalla de prata.

 

E rematamos cos bronces, que foron para Stephan Pumar (benxamín masculino), Manuel Pérez e Vega Soto (parella infantil) e Alba Caridad e Adrián Vidal, tamén en parella infantil B.

 

Noraboa a todas e todos!

Print Friendly, PDF & Email