Galicia logrou a primeira posición na modalidade de freestyle e o segundo posto en técnica no Open de Andalucía, que se celebrou hoxe en Málaga. En total as e os nosos deportistas sumaron 16 medallas en técnica (7 ouros, 5 pratas e 4 bronces) e 13 (5 ouros, 5 prats e 3 bronces) en freestyle. Esta proba concede puntos para o ránking español.
Na modalidade de técnica, houbo medallas en todas as categorías. En cadete feminino individual, o podio tiña cor galega, con Sara Pena (Patiño) no máis alto (ouro), Laura Álvarez (Neka) coa prata e Irea Abuín (Natural Sada) co bronce. Ademais, en masculino, Daniel Areán (Neka) logrou a medalla de ouro, mentres que Francisco Ramos (Natural Sada) foi prata.
Ademais, a parella cadete formada por Daniel Areán e Laura Álvarez logrou a primeira posición, mentres que o trío cadete (con Sara Pena, Talia Yu Celada –Natural Sada– e Irea Abuín) foi prata.
En júnior, a parella formada por Álvaro Portela e Bárbara Di Martino (Hebe) logrou a medalla de ouro, mentres que o trío (con Ainhoa García, Fátima Martínez e María Ferreiro, do Couto) foi prata. A nivel individual, prata para Bárbara Di-Martino e bronce para Tomás Fernández (Kiap).
En sénior 1, Alejandro Losada (Neka) logrou a medalla de bronce, e tamén acadou o terceiro posto en parella 1 xunto a súa compañeira de club, Elena Varela.
Vanesa Ortega (Hebe) obtivo a medalla de ouro en sénior 2, e tamén subiu ao máis alto do podio en trío 2, xunto a Sonia Pérez e Noelia Pérez, todas do Hebe.
E rematamos coa técnica coas medallas das máis veteranas. En máster 1, Sonia Pérez conseguiu o ouro, e en máster 2 houbo dobrete galego, con Esperanza Fernández (Couto) na primeira posición e Sandra Gardini (Yidam) na segunda.
En freestyle, espectacular actuación dos nosos representantes con 5 ouros, 5 pratas e 3 bronces. En free + 18 individual masculino, tres medallas para Galicia: Samuel Alves (Tao) logrou o ouro, Miguel Barreiro (Yidam) foi prata e Ángel López (Mace Sport), bronce. Na categoría feminina, ouro para Eirim Vaamonde (Yidam) e prata para Celia García (Tao).
En parella de máis de 18 anos, novamente dominio absoluto galego con tres medallas: Miguel Barreiro e Sophie González (Yidam) foron ouro; Marcos Silva e Laura Vázquez (Tao) lograron a prata e Alejandro Losada e Elena Varela (Neka), bronce.
Por último, en freestyle -17 individual, novamente brillaron os nosos deportistas. Na categoría feminina, tres medallas para Bárbara Di- Martino do Hebe (ouro), Lucía Costas do Yidam (prata) e Irea Abuín do Natural Sada (bronce), mentres que na masculina, Manuel Paz (Hebe) foi ouro e Tomás Fernández (Kiap), prata.