Galicia logrou a primeira posición na clasificación por equipos masculinos e a segunda, na xeral (masculino e feminino) no Campionato de España Cadete, que se celebrou esta fin de semana en Cartagena. As e os nosos taekwondistas lograron en total  1 ouro, 5 pratas e 8 bronces.

 

Os mellores resultados chegaron na categoría masculina. No peso -53 quilogramos tivemos unha final galega con Roi Fraga (Nº Phi) e Pablo Antelo (Kae Sport) como protagonistas. Roi Fraga fixo unha competición impecable. Foi superando de forma progresiva a David Bañuls (Valencia), Alberto Castro (Madrid), Diego Escudero (Castela a Mancha) e o seu compañeiro de selección Pablo Antelo. Pola súa banda, Pablo eliminou ata chegar a gran final a Iettxu de Miguel (Euskadi), Álvaro Reguilón (Castela e León) e Zakaría El Jamouhi (Cataluña).

 

Dani Piñeiro (-61, Maniotas) acadou a medalla de prata despois de superar a Samuel Santamaría (Cantabria) e Crístofer Durán (Canarias). So caeu na final ante o representante de Madrid, Isaac Cisneros.

 

En -49, Daniel Agra (Mat´s) logrou tamén a segunda posición no Campionato de España tras eliminar a tres contendentes: Pau Salva (Cataluña), Javier Vaneclocha (Andalucía) e Jon Ander Urda (Euskadi). Perdeu na final ante Pere Alesina (Cataluña).

 

Daniel Abeijón (-33, Natural Sport) subiu ao segundo chanzo do podio despois de superar tres roldas ante Enrique Caballero (Valencia), Ramón Campoy (Andalucía) e Alejandro García (Baleares). So perdeu na final fronte a Alejandro Sánchez, de Castela a Mancha.

 

Os bronces foron para Daniel Caamaño (-57, TKD Juan Cee), Tiago Torea (-41, JFR) e Nicolás Casas (-37, Mace Sport). Caamaño venceu a Juan Pedro Muñoz (Estremadura) e Diego José González (Canarias), pero perdeu na semifinal ante o representante de Murcia. Pola súa banda, Tiago Torea eliminou a Adrián Andrés (Madrid), Adrián Luque (Andalucía) e perdeu na semifinal ante José Antonio Gálvez (Murcia) nun axustadísimo combate. Gálvez logrou finalmente proclamarse campión de España do seu peso. E rematamos co bronce de Nicolás Casas, quen logrou vencer a Joseba San Miguel (Navarra), Marcos Picazo (Castela a Mancha) e perdeu ante Iván Rigo (Baleares), que foi o ouro.

 

Na categoría feminina, as representantes galegas sumaron unha prata e cinco bronces. A prata foi para Venus Vilaseco (-51, Boudsport) que venceu en tres eliminatorias, sendo moi superior. Gañou a Alba de Santos (Madrid), Carla Morales (Castela e León) e Aissato Dabo (Navarra), pero perdeu na final ante Alejandra del Amo (Valencia).

 

Carla Álvarez (-55, Kae Sport) logrou a medalla de bronce tras superar a Ainhize Achutegi (Euskadi) e a Myriam Alfonso (Andalucía), pero non puido en semis con Irene Sahuquillo (Valencia), quen se proclamou campioa de España neste peso.

 

Noa Villaverde (-47, Boudsport) eliminou a Natalia Mira (Estremadura) e Sheila Borda (Canarias) para plantarse na semifinal, once caeu ante Lucía Pérez (Valencia) nun axustadísimo combate, o máis duro sen dúbida para a súa rival, que finalmente logrou o ouro.

 

E temos tres bronces máis galegos.  Ángela Balado (+59, Mat´s) venceu a Amanda Jiménez (Andalucía) e María Cancela (Valencia) para clasificarse para a semifinal. Pero non puido superar a Paula García (Castela a Mancha) para alcanzar a final.

 

Andrea Videla (-33, Natural Sport) logrou esta terceira posición tras vencer a Olivia Gómez (Castela a Mancha) e Mara Sanguino (Extremadura). Non puido con Adriana Jiménez (Andalucía) nunha loita moi axustada. E por último, Ainhoa Santos (-29, Natural Sport) logrou o bronce ao gañar a Rebeca Palomares (Valencia), pero perdeu ante Arancha Molina de Murcia na semifinal.

 

 

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email