Magníficos resultados da selección galega cadete no Open de España, que se disputou hoxe Na Nucia. Galicia logrou a primeira posición na clasificación por equipos masculinos; foi terceira na categoría feminina e segunda na clasificación xeral por equipos. Mañá continúa a competición coa categoría júnior.
Na categoría masculina os deportistas galegos sumaron un ouro, dúas pratas e dous bronces. O ouro foi para Víctor Videla (-37 quilogramos, Natural Sport), que gañou un total de tres combates indo de menos a máis. Videla superou a Marc Puig, Hadd Owen (Francia) e Andreas Sandro Lepape (Federación Catalá), para subir ao máis alto do podio.
Adrián Valladares (-65 quilogramos, Sares) logrou a segunda posición no podio. O galego venceu na semifinal a Willian Burleigh (Gran Bretaña), pero no puido na final con Hasan Kara (Bélxica). Prata para Adrián. Deste mesmo metal foi a presea de Dawit Santiso (-45, Garrapucho) que acadou tres vitorias. Eliminou a Manuel Mendo en primeira rolda; a El Mehdi (Francia) nos cuartos de final e a Anwar Benteib (Cataluña) na semifinal. Finalmente caeu derrotado ante Esther Benedicto (Gran Bretaña) no último combate.
En -33, bronce para Dani Abalo (Kae Sport) que superou dúas roldas. Gañou a Zar Torley (Gran Bretaña) e Héctor Ferrer, e así acadou a súa clasificación para as semifinais, onde perdeu ante Yosef Darid Aulaqui (Dinamarca). O último bronce foi para Radu Ciobanu (Hebe) en máis 65 quilogramos. O noso deportistas caeu na semifinal ante Santiago Curats.
Fóra da selección, houbo más bronces galegos de deportistas que viaxaban co seu club. Daniel Piñeiro (Maniotas-Noia) logrou a medalla en -57 quilogramos. Venceu a Marc Ciercoles nos cuartos e perdeu na semifinal ante o belga Yassine El (campión do Open). Pola súa banda, en -49, Diego Carballo (Garrapucho) foi bronce superando dúas roldas (Denis Constantín e o sueco Obida Alsaid), pero non puido con Max Molina (Cataluña) na semifinal.
Na categoría feminina houbo un ouro e 3 bronces galegos (e un máis acadado por unha deportista que viaxaba co seu club). O ouro foi para Nadia Bouzas (Kae Sport) que fixo unha competición espectacular vencendo en 4 combates. A galega superou a Fenne Steenaerts (Bélgica) e Maelle Yembi (Francia), ata alcanzar as semifinais onde eliminou a Paine Juanes. E por último, gañou na final á belga Serina Badji, por 10-7.
Tomasa Franco (-44, Natural Sport), conseguiu o bronce tras superar a dúas rivais: Sigrid Johnsson (Suecia) e Yarelis Delgado. A nosa taekwondista perdeu na semi ante Judith Córdoba (Cataluña), que tamén foi a vencedora do torneo. Pola súa banda, Alissa Fajardo (-33, Natural Sport), alcanzou ese posto no podio, tras gañar un combate ante Nayla Lorene (Cataluña), pero perdeu na semifinal ante Nuria Quinonero (Federación Balear), que foi a campioa. O terceiro bronce galego foi para Carla Pereiro (-59, Mat´s), que caeu na semifinal ante Salma Bazán (Federación Balear), quen foi finalmente a gañadora do Open de España.
E rematamos co bronce de Judith Chas en -59, que viaxaba co seu club, o Kwon Betanzos. Judith superou á canaria Valeria León nos cuartos e perdeu na semifinal ante Adriana Jalón (Andalucía).