Galicia impúxose na xeral do Campionato de España sub 21 ao lograr o primeiro posto na categoría feminina e o terceiro, na masculina, o que lle outorgou o primeiro lugar na xeral por equipo do Campionato de España sub 21. Este torneo era decisivo para os participantes, xa que pechaba a clasificación para o Europeo sub 21 de Suecia, que se celebrará a comezos de setembro.

Na categoría feminina, espectaculares resultados das nosas deportistas. Alma Pérez (-53, Suh Sport) segue con esa magnífica traxectoria e revalidou o título de campioa de España ras gañar catro combates. Pero ademais, Tania Castiñeira (+73, Hebe) volveu amosar quen domina na súa categoría, igual que Miryam García (-62, Patiño). Tremendas as nosas campioas de España!

Os bronces foron para Desiree Rivadulla (+73, Suh Sport), María González (-49, Couto), Sara Gacio (-57, Boudsport), Lorena Pardo (-62, Garrapucho) e Alba Vidal (-53, Kido Sport).

Na categoría masculina tamén moi bos resultados para os nosos taekwondistas que acadaron a terceira posición na clasificación por equipos masculinos. Hai que destacar a final galego que tivemos no peso pesado, que enfrontou a Junior Luciano Martínez (Neka) e Jesús Manuel Veiga (Maniotas), con triunfo do primeiro nun emocionante e axustado combate (10-13). Así, ouro para Junior e prata para Jesús.

Ademais, Unai Silva (-74, Mace Sport) logrou meterse na final do seu peso tras facer un magnífico campionato. Quedou as beiras do título ao caer pola mínima na final. Prata para Unai.

E os bronces foron para Artai Pazos (-63, Mace), Brais Iglesias (-74, Natural Sport Riveira), Daniel Mosquera (-80, Boudsport) e Daniel Corrales (-87, Patiño).

 

Noraboa a tod@s!!! Imos Galicia!!

 

Print Friendly, PDF & Email