Galicia logrou a primeira posición no Campionato de España de Técnica Infantil por Autonomías, que se disputou hoxe 8 de decembro en A Nucía. En total as e os nosos deportistas conseguiron nove medallas (3 ouros, 4 pratas e 2 bronces) e así Galicia revalidou o título por cuarto ano consecutivo (2021, 22, 23 e 24). Ademais, algún das e dos nosos deportistas viaxaron case sen descanso, porque acababan de aterrar en Galicia procedentes de Hong Kong, onde se disputou o Mundial.

 

Na categoría benxamín, Gabriel Pinto (Neka) logró a medalla de bronce, mentres que en alevín Julián Pumar (Han´s Horang I) proclamouse campión de España, mentres que na categoría femenina Dalia Francisco (Yidam) foi prata.

 

En infantil, Valeria Soto (Patiño) logrou a medalla de prata e Luca Ada (Tao) foi bronce. Continuamos co medalleiro galego en cadete, onde Jessy Sun Shin (Han´s Horang I) e Miguel Antón Rosende (Sada) lograron o subcampionato de España.

 

E nas parellas, as galegas subiron ao máis alto do podio. En parellas infantil A, Vega Soto e Manuel Pérez (Patiño) lograron a medalla de ouro e o mesmo fixeron  Hugo Arnoso e Nadia Blanco (TKD Sada) en parellas B.

Print Friendly, PDF & Email