A selección galega cadete logrou a segunda posición na clasificación por equipos masculina, feminina e na xeral do Open de España, que se está a disputar estes días en La Nucía. Para subir ao podio por equipos, Galicia sumou tres ouros, tres pratas e oito bronces.

A selección galega feminina cadete conseguiu dous ouros, tres pratas e catro bronces. Temos que destacar o resultado en -47 quilogramos xa que tivemos unha final galega, con Aroa Merelas (JFR Taekwondo) como campioa e Noelia Juncal (BoudSport) na segunda posición. Ademais, Subiu ao máis alto do podio Daniela Tombo (Tao) en -29 quilogramos, con Paula Vieites (BoudSport) na terceira posición.
Tamén houbo dúas pratas máis que foron para Mencía Villar (-41, Kwon) e Ángela Balado (+59, Mat´s). E rematamos o repaso pola categoría feminina cos tres bronces máis, que foron para Victoria Ariza (-55, Couto), Keila Crujeiras (-59, Malamia) e Sofía Rodríguez (-44, Kwon).
Na categoría masculina, Galicia acadou un total de cinco medallas (1 ouro e catro bronces). En -41 quilogramos houbo un dobrete galego con Daniel Abeijón (Natural Sport) no máis alto do podio e David Otero (Natural Sport) lucindo un bronce.
Ademais, hai que destacar os bronces acadados por Bruno García (-37, Número Phi), Nicolás Casas (-49, Mace Sport) e Mateo Calo (-65, Malamia).








