Galicia logrou a prata na clasificación por equipos do Campionato de España de Parataekwondo de poomsae, que se disputou hoxe en Jaén, cun total de tres ouros e unha prata.
Foi a primeira vez que Galicia presentaba unha selección como tal no Campionato de España de Parataekwondo de Poomsae e os resultados non puideron ser mellores nesta modalidade que está a dar os seus primeiros pasiños. Paula Treus (Suh Sport) acadou a medalla de ouro, igual que Francisco Rodríguez (Suh Sport) e Luis Alberto Castro (Hans Horang I). Pola súa banda, Javier Fernández Allo (Suh Sport) logrou a medalla de prata. Galicia foi segunda clasificada por equipos, cos mesmos puntos que o campión, Andalucía.
Noraboa aos nosos deportistas!!!!