Galicia contará con 30 deportistas no Mundial de Técnica e Freestyle que se celebrará do 30 de novembro ao 4 de decembro en Hong Kong (China). Como é habitual, as e os nosos deportistas lograron a clasificación ao longo da tempada nas diferentes probas clasificatorias, nas que sempre renderon a un gran nivel e proba diso é que temos en Hong Kong a 30 deportistas e dous técnicos para competir no Mundial. A nota negativa foi a baixa por lesión de Antón Sabín que foi substituído por Hugo Arnoso.
A expedición galega partiu o martes en dirección á sede do Mundial nunha longuísima viaxe de case 24 horas de duración. Agora, aclimatación, algo de turismo, adestramentos e a prepararse para a gran cita que comezará para o noso equipo o sábado 30 coa celebración da proba do quintetos + 18 anos en freestyle na que competirán Alejandro Losada García, Bárbara di Martino, Iago Gil, Manu Paz e Iria Rodríguez.
| MUNDIAL DE TÉCNICA E FREESTYLE 2024 | |
| Alejandro Losada García | Hebe |
| Bárbara di Martino Fermín | Hebe |
| Iago Gil Vázquez | Hebe |
| Manu Paz Romero | Hebe |
| Iria Rodríguez Iglesias | Hebe |
| Alejandro Losada Rodríguez, “Camba” | Neka |
| Pepe Soto Veiga | Taekwondo Sada |
| Xulia González Pérez | Yidam CEIP Balaídos |
| Ana Llin Shin Veiga | Han´s Horang I |
| Yaiza Velo Díaz | Taekwondo Sada |
| Lucía Roca Rodríguez | Neka |
| Beatriz Queiró Campos | Omnihum |
| Begoña Veiga Rodríguez | Han´s Horang I |
| Irea Abuín Sánchez | Taekwondo Sada |
| Óscar Rey Villar | Kiap |
| Hugo Arnoso Naveiras | Taekwondo Sada |
| Adrián Vidal Fraga | Taekwondo Sada |
| Miguel Antón Rosende Lora | Taekwondo Sada |
| Aitor Teijeiro Elidio | Neka |
| Carlos Rey Cuadrado | Neka |
| Marco García Rodríguez | Neka |
| Seung Han Shin Jang | Han´s Horang I |
| Esperanza Fernández Iglesias | Couto |
| Valeria Videira Blanco | Hebe |
| Ada Hermelo Rodríguez | Hebe |
| Lucas Yelo Palomera | Hebe |
| Nuria Rodríguez Iglesias | Hebe |
| Tomás Fernández-Herrerín Rodríguez | Tao |
| Celia García Blanco | Tao |
| Jessy Shin Veiga | Han´s Horang I |
| TÉCNIC@S | |
| Noelia Pérez Estévez | |
| José María Vega Sánchez | |








