Galicia logrou onte en Valladolid o título de campioa de España Júnior por equipos!!! A selección galega foi a primeira clasificada tanto na xeral como na categoría feminina, mentres que na masculina ocupou a terceira posición.
Moitas medallas para os nosos deportistas nesta primeira xornada do campionato de España que se disputou en Valladolid. En júnior magníficos resultados para as e os nosos deportistas. Na categoría feminina chegou o título por equipos grazas aos 4 ouros e o bronce conseguidos. Proclamáronse campioas de España, Ainhoa García (-63, Couto), Irene Montemuiño (-55, Natural Sport), María Ferreiro (-44, Couto) e Desiree Rivadulla (+68, Suh Sport). Ademais, Cloe Iglesias (-59, Patiño) conseguiu a medalla de bronce, ao caer na semifinal no punto de ouro.
Para a selección galega júnior masculina tamén houbo medallas (1 ouro, 1 prata e 2 bronces). O título de campión de España foi para Alejandro Paz (-55, Natural Sport), despois de superar unha fractura na man, mentres que logrou a medalla de prata Izán Prego (-68, Kwon). Os bronces foron para Giovanni Imparato (-51, Mace Sport) e Isaac Blanco (-44, Maniotas).
No día de onte tamén se celebrou o Campionato de España Cadete. Na categoría cadete feminina, Noa Romero (-33, Natural Sport) acadou a medalla de ouro despois de gañar tres combates. Ademais, Antía Sánchez (-55, Mace Sport) foi prata e Andrea Chapela (-41, Patiño) e Inés González (-55, Mace Sport) lograron o bronce. En cadete masculino, dúas pratas, para Samuel Meilán (-49, Tao) e Adrián Salanova (-61, Maiotas), mentres que houbo cinco bronces para Brais Canosa (-45, Suh Sport), Mateo Boudjenane (-49, Boudsport), Xavier Ramas (-57, Garrapucho), Darío Fernández (-65, Hebe) e Sergio Troitiño (+65, Mat´s).