Mañá arrinca o Open de España en La Nucía (Alacante), coa celebración da competición na modalidade de técnica e freestyle. Galicia estará representada por unha selección potente e ambiciosa que tratará de acadar os mellores resultados, tal e como fixo o pasado ano no que se proclamou campioa.
E a partir do venres será a quenda para a modalidade de combate. O venres sairán a competir as e os taekwondistas da categoría cadete, mentres que o sábado será o momento para os júnior e máster e o domingo finalizará o Open de España coa categoría sénior.
A continuación, tedes a ligazón coa convocatoria das diferentes seleccións galegas que participarán o Open de España (G-1), que conta cunha inscrición de case 2.000 deportistas. Moita sorte!