A selección galega de combate competirá no Open de España, que se celebrará do 25 ao 27 de abril na localidade alacantina de La Nucía. O evento reunirá a deportistas de alto nivel de diferentes países, sendo unha das citas máis destacadas do taekwondo nacional. A edición deste ano contará con equipos internacionais de primeiro nivel, entre eles a selección de Corea e o equipo de Gran Bretaña.
A competición dará comezo o venres 25 coa categoría cadete. A selección galega acadou seis ouros (Nicolás Casas, Dani Abeijón, Arianna Deibe, Alba Figueira, Ainara Piñeiro e Ángela Balado) no Campionato de España, así que o obxectivo é, canto menos, conseguir a clasificación destes seis deportistas para o Europeo da categoría.
O sábado 26 continuará o Open de España júnior. Nesta categoría Galicia conseguiu dous ouros (Tomasa Franco e Carla Sesar) e tres pratas (Roi Fraga, Víctor Videla e Antón Quintela), no Nacional, así que tratarán de loitar pola clasificación para o Mundial.
E remataremos o domingo 27 coa categoría sénior, na que Galicia conta con magníficos taekwondistas, que non deixan de darnos alegrías tanto nas competición nacionais como internacionais. No Open de España de 2024 a selección galega destacou con dous ouros (Iván García e Tania Castiñeira) e seis bronces (Iago Mallo, Adrián Salanova, Lois Tomás, Javier Otero, Alma Pérez e Arlet Ortiz).
A continuación, tedes a convocatoria da Federación Galega de Taekwondo para o Open de España,
https://www.taekwondogalego.es/open-espana/








