Magníficos resultados da selección galega júnior no Open Internacional de Andalucía, que se disputou hoxe en Córdoba. En total as e os nosos deportistas acadaron catro ouros (Fernando Davila, Adrián Salanova, Sergio Troitiño e Irene Montemuíño), dúas pratas (Yadira Reimúndez e Lucía Montemuíño) e un bronce (Aitana Fariña). Además, ouro na clasificación por equipos masculina e prata na feminina.
Fernando Davila (-48, Kae Sport) subiu ao máis alto do podio tras gañar con moita superioridade tres combates. En cuartos venceu a Erick Valverde (52-27); en semifinais a Pablo Luque (34-12) e na final á Angel García (32-12).
Adrián Salanova (-73, Maniotas) tamén acadou a medalla de ouro. No seu caso tivo que realizar catro combates e tamén venceu de forma clara. En primeira rolda superou a Valentín José Barranco (18-25); nos cuartos eliminou a Aurelio Núñez (17-6); na semifinal gañou a Oier Ortiz (5-11) e rematou coa final fronte a Adam Jochman (25-34). Magnífico torneo!
O terceiro ouro masculino foi para Sergio Troitiño (+73, Mat´s), que superou na semifinal a Enrique Durán por 18-11. Na final, o seu contrincante Pau Llabres tivo que retirarse por lesión, e o ouro foi para Sergio.
Na categoría feminina o ouro foi para Irene Montemuiño (-68, Natural Sport Videlgi), que venceu na semifinal a Yasmina Deniz por 4-10 e na final logrou a primeira posición nun axustado combate ante Irene Montero, que se decidiu pola mínima a favor da galega (11-12).
Ademais, Lucía Montemuiño (-49, Natural Sport Videlgi) logrou a medalla de prata. Superou nos cuartos a Claudia Gómez (3-14) e na semifinal a Daniela Peña (20-11). Na final non puido facer nada ante Elsa Hernández (20-0).
Yadira Reimúndez (-55, Mat´s) tamén conseguiu a prata, tras vencer na semifinal nun axustado combate (11-9) a Aitana Romero. Na final, caeu ante Laura Rodríguez por 4-8. A última medalla foi para Aitana Fariña (-44, Maniotas), que logrou o bronce, ao perder na semifinal ante Ainara Rojas.
Ademais, tamén participaron neste Open, Samuel Meilán (-55, Tao), que caeu nos oitavos nunha axustada loita (12-9); Lois Tomás (-63, Natural Sport Videlgi), que perdeu nos cuartos e Fátima Martínez (-63, Couto), que tamén foi eliminada nos cuartos por Laura Buzón (13-15).