Terceira xornada do Mundial de Taekwondo Praia en Exipto e choiva de medallas na modalidade de rompementos para o Yidam vigués.
Sophie González Drescher proclamouse campioa do mundo de rompementos en altura. Foi unha competición moi igualada e emocionante, xa que Sophie quedou empatada varias veces coa tailandesa. Ao final o desempate desfíxose medindo a altura das competidoras, nese caso o regulamento especifica que gaña a máis baixa e esa era a nosa deportista. Noraboa!!
Miguel Barreiro Estévez segue imparable neste Mundial e iso a pesar de que non foi o seu mellor día. Pese a iso, proclamouse campión do mundo praia en rompemento de xiros, foi prata en rompemento libre, bronce en rompemento de altura e en rompemento libre dinámico. Ademais, recibiu o premio ao mellor rompedor do Mundial.
Lucia Costas Fernández, con so catorce anos, ten un futuro moi prometedor. Logrou dous bronces (en rompementos libres e en altura) e iso que na final non estivo moi afortunada.