Mace Sport, Kwon Betanzos e Taekanart fixeron un magnífico papel no Campionato de España precadete que se celebrou o domingo en Cartagena (Murcia). O Kwon Betanzos, que sumou un total de catro medallas, foi  subcampión na categoría feminina, mentres que o Mace Sport conseguiu catro metais e o Taekanart un bronce.

 

Kwon Betanzos

O club betanceiro sumou catro medallas (un ouro, unha prata e dous bronces). Julia Gómez acadou o título de campioa de España infantil tras vencer ás súas rivais do Alcásser valencián e do Han Kuk madrileño. Arianna Deibe gañou dúas roldas para posteriormente perder na final cunha deportista do Taekwondo León e acadar o subcampionato nacional. Antonio García e Lía Carballido pasaron ambos a primeira rolda para perder despois nas semifinais obtendo cadansúa medalla de bronce que no caso de Lía sería decisiva para obter o segundo posto na clasificación xeral feminina.

 

Mace Sport

Os deportistas do Mace acadaron un total de dous ouros, unha prata e un bronce. Neizan Yugueros logrou o ouro tras superar a Pelayo Alguacil y Lucas Díaz, de forma clara en ambos casos. Ademais, Nicolás Casas proclamouse campión de España despois de gañar dous combates (contra Stefan Dinu y Carlos Aleñar). Xulia Losada foi prata, tras perder na final con Carlota Renedo e Mateo Fortes logrou o bronce.

Taekanart

O Taekanart levou a Cartagena á pequena Naomie Ríos Trotet, que logrou unha medalla de bronce en -36 (precadete B).

 

A todas e todos, noraboa!!

Print Friendly, PDF & Email