A taekwondista galega Helena García (Dobok) recibirá o vindeiro 10 de setembro na gala dos Premios Deporte Galego 2023 e 2024, o premio á mellor deportista revelación 2023. A nosa deportista recibirá este galardón polo magnífica tempada realizada con só 16 anos: A nivel nacional proclamouse campioa de España sub 21 e absoluta, na que foi a súa primeira experiencia na máxima categoría, e enfrontándose a deportistas moito máis experimentadas. Ademais, na súa categoría, brillou a nivel internacional, logrando a prata no Europeo Júnior que se disputou en Tallín e tamén conseguiu o ouro na President´s Cup de Turquía.

 

Helena recibirá o galardón o 10 de setembro na gala que se celebrará no centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, ex aequo con Laura Vázquez (judo).

 

Noraboa Helena!!! O taekwondo galego está moi orgulloso!

Print Friendly, PDF & Email