Os taekwondistas galegos Helena Suárez (+68, Dobok), Javi Otero (-51, Kae Sport) e Mateo Boudjenane (-68, Boudsport) viaxaron hoxe, acompañados polo técnico Raúl Bouzas, en dirección a Tallín (Estonia), onde se celebrará o Europeo Júnior (do 24 ao 26 de agosto).

Javi Otero será o primeiro galego en competir, xa que sairá ao tapiz o día 24, mentres que Helena e Mateo terán que esperar ata o día 26 para disputar este Europeo, que afrontan con moita ilusión e un gran traballo realizado.

Moita sorte e moita forza rapaces!!!

#taekwondogalego

Print Friendly, PDF & Email