Hoxe comezou en Riveira (pavillón de Artes) a parte práctica dos Cursos de Adestrador de Taekwondo nivel I e II con todas as medidas de seguridade necesarias e moita ilusión. A práctica desenvolverase ao longo de toda a semana, mentre que o resto do curso realizarase de forma telemática, a través da aula virtual da Federación Galega de Taekwondo.

No curso  participan 30 alumnos en nivel I e 10 en nivel II. E neste primeiro día de traballo que fixeron os nosos deportistas? En nivel I comezamos coa asignatura de técnica da man do mestre Jacobo Ríos, mentres que en nivel II a asignatura foi combate e o mestre Modesto González. E mañá chegará a quenda para o nivel III, que tamén emprenderá a parte práctica con 9 alumn@s.

A finais do mes de xuño iniciouse o Curso de Adestrador Deportivo, nivel 1 (bloque común), organizado pola Escola Galega do Deporte e a Secretaría Xeral para o Deporte e en colaboración con UFEDEGA (Unión de Federacións Deportivas Galegas). No mes de agosto, chegou o bloque específico para taekwondo e hapkido do curso de adestradores nivel 1 e 2, ofrecido pola Federación Galega de Taekwondo.

A crise sanitaria provocada pola COVID-19 impide que podamos competir, pero o taekwondo galego non para e está a traballar na formación, que é un dos nosos alicerces.

Print Friendly, PDF & Email