Unha prata e un bronce galegos no Open de Israel. Este foi o bo balance da participación do noso equipo este torneo G-2 que se celebrou onte en Tel Aviv.

Iago Mallo (Tao) logrou a medalla de prata tras superar nas semifinais a Israel e caer na final ante Corea. Pola súa banda, Lois Tomás (Natural Sport Ribeira) acadou o bronce despois de gañar nos cuartos a Israel e perder na semifinal ante o representante de Alemaña, que foi o vencedor do torneo.

 

Non puideron subir ao podio, pero traballaron moi ben os outros dous galegos presentes no Open de Israel. Alex Pazos (Taekanart) venceu nos oitavos de final a Israel e foi eliminado nos cuartos por Costa de Marfil, que foi o deportista que finalmente se impuxo no Open. Pola súa banda, Aitana Fariña (Maniotas Noia) caeu nos cuartos ante Kazajistán.

 

Agora toca adestrar coa selección de Israel e aproveitar ao máximo a estancia en Israel, rapaces!

Print Friendly, PDF & Email