Iván García (-87, Mat´s) logrou hoxe a medalla de bronce no Open de Turquía (G2), despois de facer catro combates. Foi a única medalla galega neste Open, aínda que Sara Cortegoso e Arlet Ortiz estiveron tamén preto do podio, ao caer nos cuartos de final.

Iván comezou a competición contra o turco Ali Bicakci e foi tremendamente superior ao gañar por 20 puntos de diferenza (5-25). En segunda rolda esperaba outro competidor de Turquía, Umbet Shakiyev, e aínda que foi un combate un pouco máis complicado, o galego volveu a gañar sen excesivos problemas (5-12). En cuartos de final o rival foi Iván Konrad Trajkovic (Eslovenia) no combate máis duro e axustado. Comezou mandando no marcador Iván, pero o esloveno non se deu por vencido e logrou remontarlle, pero finalmente o deportista do Mat´s puido repoñerse e garantir así a medalla de bronce (10-12).

En semifinais, Iván García enfrontouse a Davronbek Azimov (Usbequistán). O galego comezou perdendo e veuse obrigado a remontar dende o inicio nun esixente combate. Iván foi sumando e quedou a só dous puntos do uzbeko (15-17). Azimov logrou a medalla de ouro.

Sara Cortegoso (-46, Mace Sport) estivo bastante preto das medallas. En primeira rolda venceu a Aidana Yedilbayeva (Azganistán) con comodidade (9-17) e no segundo e axustado combate superou á turca Ipek Cidem (12-11). Nos cuartos de final esperaba outra turca, Filiz Ogel, que logrou eliminar á nosa deportista por 24-17. Sara estaba contenta polo seu rendemento, “no primeiro campionato internacional en -46″.

Arlet Ortiz (-57, Mat´s) tamén fixo un bo campionato e quedou ás beiras do podio. Venceu no primeiro combate a Yasaman Jarsetad (Irán), cunha Arlet moi segura e convencida, o que a levou a un rotundo (12-0). Na segunda rolda esperaba a cabeza de serie número 2, a lituana Klaudija Tvaronaviciute. Foi un combate moi axustado que finalmente se inclinou a favor da galega (6-7). Nos cuartos de final, a rival foi a chilena Fernanda Aguirre, e todo se decidiu no punto de ouro, nesta ocasión a favor da chilena (0-1).

Boa actuación de Manuel Parada (-68, Natural) en Turquía nun peso cunha enorme participación (75). O deportista do Natural gañou o primeiro combate contra Dinmukhanbet Nussipali (Kazajistán) por 12-8 e despois venceu ao turco Bekir Sami Aslim (11-8). Finalmente Parada caeu no terceiro combate contra Bélxica por 9-20

 Alba Vidal (-53, Kido Sport) non estivo atinada e caeu en primeira rolda ante a española Lorena Cabel por 23-13. A selección galega estivo dirixida en Turquía polo seleccionador Miguel Cortegoso.

Ademais, convocados pola Real Federación Española de Taekwondo estaban en Turquía os galegos Pablo Fernández Eiras (+87, Mat´s) e Tania Castiñeira (+73, Hebe).

Pablo gañou con rotundidade en primeira rolda a Mesut Zengin (Turquía) por 30-7, pero caeu na seguinte contra o alemán Cem Ünlüsoy (7-18). Pola súa banda Tania eliminou en primeira rolda a unha deportista turca, que se retirou no primeiro asalto, e na segunda eliminatoria enfrontouse a estadounidense Madelynn Gorman-Shore, cabeza de serie número 3.  O combate estivo bastante igualado ata o final (5-2), pero no último asalto Tania arriscou e Madlynn aproveitou para puntuar á contra (11-2).

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email