O taekwondista galego Iván García (+87 kg, Mat’s) caeu nos oitavos de final do Mundial de Taekwondo de Wuxi (China) fronte ao representante de Corea Sanghyun Kang nun intenso duelo que se decidiu no terceiro asalto. Finalmente o coreano proclamouse campión do mundo 2025.

 

Na primeira eliminatoria, Iván gañou ao representante de Senegal, tamén en tres asaltos. Os dous primeiros rounds estiveron máis axustados (o primeiro para Iván e o segundo para o senegalés), pero no terceiro o galego foi moi superior e non deu opción algunha (9:2).

 

E así alcanzou os oitavos, nos que esperaba Sanghyun Kang (Corea), que, a priori, non era un dos favoritos, aínda que no Mundial de Bakú 2023 lograra o título de campión do mundo nun peso inferior (-87). Foi un combate espectacular e moi disputado. No primeiro asalto, impúxose o surcoreano e no segundo venceu o galego, para chegar así ao desempate. O terceiro foi tremendamente igualado e finalmente se decidiu nos últimos segundos cunha acción do coreano, que acabou coas esperanzas de Iván, que viaxaba a este Mundial con moita ilusión e  nun bo momento de forma, despois de acadar a medalla de ouro no Grand Prix Challenge de Muju (Corea del Sur). Dos cinco combates que tivo que facer o coreano para proclamarse campión do mundo, só en dous deles tivo que acudir ao terceiro asalto: Con Iván e na final ante Rafail Aiukaev.

 

O Mundial continúa e Galicia conta con catro representantes máis. Sergio Troitiño (-87, Mat´s) competirá o 27 de outubro; Tania Castiñeira (+73, Hebe) o 28 de outubro; Arlet Ortiz (-62, Mat´s) sairá ao tapiz o 29 de outubro e pecharemos con Alma Pérez (-53, Costado TKD Boiro) o 30 de outubro. Moita sorte para todas e todos!

 

#TaekwondoGalego #Wuxi2025 #OrgulloGalego

Print Friendly, PDF & Email