Iván García (+87, Mat´s) segue dando pasos na súa recuperación trala operación de xeonllo. O deportista galego estivo moi preto das medallas nos Xogos Europeos que se están a disputar en Cracovia, pero aínda lle falta un pouco para alcanzar o ritmo de competición que tiña antes da lesión.
O primeiro rival foi Sotirios Michopoulos (Grecia) e o galego fixo un traballo moi serio e venceu en dous asaltos. Na semifinal enfrontouse ao holandés Bryan Zonderop e aquí sufriu un pouco máis, aínda que Iván foi sempre por diante e controlando o combate. Así plantouse na semifinal, onde esperaba Dejan Georgievski (Macedonia). Foi unha loita moi complicada na que o macedonio sorprendeu ao galego nun par de ocasións e Iván non atopaba ocos para puntuar, polo que perdeu. Nos Xogos Europeos, hai un combate polo bronce e Iván enfrontouse a Emre Kutalmis Atlesti (Turquía) e, aínda que o intentou ata o final, non puido supéralo. Sen dúbida, un pasiño máis na súa recuperación de sensacións e tratando de atopar o ritmo de competición.
Pola súa banda, Tania Castiñeira (+73, Hebe) foi eliminada nos cuartos de final por Bianca Michaela Cook (Gran Bretaña). Antes, na primeira rolda, a taekwondista galega eliminará en dous asaltos a Nika Petanjek (Croacia), para plantarse nos cuartos, onde rematou a competición para Tania.
Print Friendly, PDF & Email