Iván García e Tania Castiñeira, convocados pola Federación Española de Taekwondo, regresan do Open de Francia con sendas medallas no peto. Iván García (-87, Mat´s) foi prata, mentres que Tania Castiñeira (+73, Hebe) logrou o bronce.

Iván García comezou o campionato contra o representante de Polonia. O galego non se sentiu cómodo no primeiro combate, pero a pesar diso venceu (3-9). En cuartos enfrontouse a Manu Villén e o galego, moito máis concentrado, venceu por diferenza de 20 puntos. En semis, Iván superou a o ruso Melikseti de forma contundente (12-1), e así logrou plantarse na final, contra o mexicano Bryan Salazar. Foi un combate moi axustado e a falta de escasos segundos o resultado era 14-14, pero nos segundos finais o mexicano logrou sorpréndelo cun bandal e o resultado final foi 15-17. Gran traballo e prata moi merecida para Iván!

Pola súa banda, Tania logrou unha moi loitada medalla de bronce. En cuartos eliminou a súa compañeira de adestramentos no CAR de Barcelona, Belén Morán, e logrou o pase para as semifinais, que foi contra Ivana Babic (Croacia). Tania fixo un combate espectacular, que non se veu reflectido no marcador final (9-2). O primeiro asalto rematou con empate (0-0) e o segundo, so un punto abaixo (0-1). No terceiro Tania tivo moitas opción de puntuar, pero non o logrou e foi a croata a que deu o salto á final, onde volveu vencer. Bronce para Tania, que segue medrando como deportista na categoría sénior.

Print Friendly, PDF & Email