Pechamos o Campionato de Europa Sénior de Manchester igual ca o iniciamos: Cunha medalla de prata para o taekwondo galego! O noso deportista Iván García (+87, Mat´s) conseguiu a segunda posición neste Europeo, despois de facer unha fantástica competición. Só caeu ante o turco Emre Kutalmig Atesli na final.

 

Para chegar á final primeiro tivo que eliminar a Marko Djuricic (Serbia) nos oitavos de final; ao vello coñecido Omar El Yazidi (Francia) nos cuartos e a Pasco Bozic (croata) na semifinal. A todos eles superounos con marcadores moi claros e dominando os combates.

 

Na final, o turco Atesti (campión do mundo júnior en 2018 e campión de Europa sub 21 en 2019) estivo tremendamente rápido e cunha gran perna esquerda coa que logrou impactar na cabeza de Iván nun par de ocasiones. Ao final, con Iván arriscando, vitoria do turco por 4-12.

 

 

Pola súa banda Arlet Ortiz (-57, Mat´s) quedou eliminada nos oitavos de final ante a grega Faidra Kalteki. Na primeira rolda a galega superou á rumana Tania María Racho.

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email