Grandes novas chegan dende Tallín! Javi Otero (-51, Kae Sport) acadou hoxe a medalla de bronce no Europeo Júnior, despois de vencer en dous combates e caer derrotado na semifinal ante o representante de Turquía.

 

O galego comezou a competición en oitavos de final ante Irlanda, un duro rival, fronte ao que Javi soubo resolver con claridade en dous asaltos. Nos cuartos, o rival era Blunt ,o representante de Gran Bretaña, pero Otero non tivo problema algún en superar esta rolda (2-0). E así, xa coa medalla no peto, enfrontouse a Evin de Turquía. Foi un combate tremendamente axustado que tivo que decidirse no terceiro asalto, que caeu a favor do representante turco.

Print Friendly, PDF & Email