Máis medallas para o taekwondo galego! Javier Otero (-51, Kae Sport) acadou a medalla de prata na President´s Cup de Turquía na categoría júnior. Con este resultado, Otero clasificouse tamén para o Campionato de Europa sub 21 do presente ano.

 

Javi fixo unha magnífica competición, superando os tres combates antes da final por 2-0. Comezou en oitavos de final enfrontándose ao turco Ozbey Ozdemir en dous asaltos e con enorme claridade. Nos cuartos o rival era outro turco, Berat Kurt, e o galego resolveu coa mesma confianza e superioridade, para impoñerse en dous asaltos e meterse nas semifinais onde esperaba novamente un deportista de Turquía, Yagiz Akkose, cunha nova vitoria fácil para o taekwondista galego.

 

Así logrou meterse na final, onde tivo que enfrontarse a Ja´afar Aldooud (Xordania), ante o que Otero caeu derrotado, despois dunha fantástica competición, na que non so logrou subir ao segundo chanzo do podio, senón que ademais confirmou a súa participación no Europeo sub 21.

Print Friendly, PDF & Email