O taekwondo galego está de noraboa, porque os nosos compañeiros Mercé Barrientos e José Ángel Torres recibiron a Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia, correspondente ao ano 2023. Este galardón, outorgado pola  Xunta de Galicia, recoñe “ao seu labor ou traxectoria no ámbito deportivo de Galicia, así como a contribución ao fomento do deporte na comunidade”.

 

O acto de entrega das distincións realizou este martes no Teatro Jofre de Ferrol, coa presenza do presidente da Xunta de Galicia Alfonso, o vicepresidente Diego Calvo e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, entre outras autoridades. Neste acto non puido estar presente Mercé, xa que se atopa de viaxe e por iso recibirá a súa distinción nunha recepción posterior.

 

A Federación Galega de Taekwondo quere felicitar ao ambos por este galardón que non ven máis que a recoñecer un traballo que todas e todos os que formamos parte do taekwondo galego coñecemos, recoñecemos e agradecemos.

Print Friendly, PDF & Email