Juan Carlos Eiriz foi elixido hoxe presidente da Federación Galega de Taekwondo, por terceira vez consecutiva, na asamblea xeral extraordinaria celebrada hoxe no CEIP Domaio de Moaña.
Con esta elección o taekwondo galego da continuidade a un proxecto que comezou hai xa oito anos (2014), cando Eiriz foi elixido presidente por vez primeira, aínda que con anterioridade xa estivera en diferentes postos xunto a ex presidenta Mercé Barrientos. O obxectivo fundamental é seguir co traballo realizado estes anos para continuar co crecemento do taekwondo galego, aumentar a formación e axudar ás e aos deportistas a seguir mellorando o seu rendemento.