Medalla de prata para a takwondista galega Julia Gómez (-44 quilogramos, Kwon Betanzos) no European Grand Prix Series 2, que se celebrou esta fin de semana en Vršac (Serbia). Julia acudiu a este torneo xunto a súa compañeira de club Arianna Deibe e o seu adestrador, Rubén Taboada. Neste evento so poden participar as e os deportistas que formen parte do top 30 do ranking europeo cadete e júnior, ou ben a través dun torneo clasificatorio, o cal amosa o alto nivel deportivo desde Grand Prix.
Julia Gómez tivo unha actuación case impecable. Na primeira rolda desfíxose dunha representante búlgara por 2-1; na segunda, superou a Ikrah Hussain (Gran Bretaña), que ven de gañar recentemente á campioa do mundo da categoría, tamén por 2-1. Nas semifináis Julia venceu por 2-0 á gañadora do Grand Prix final do ano pasado, a irlandesa Meistininkaite, e xa na final, non puido ante a serbia Nina Grujic, que ven de gañar tamén os Multieuropean Games. Merecidísima medalla de prata para Julia!
Pola súa banda, Arianna Deibe (-51) atopouse cun peso tremendamente competitivo, no que participaron 8 deportistas que estiveron no pasado campionato do mundo cadete. Precisamente unha delas, a serbia Spasojevic, sería a que impediría á deportista do Kwon avanzar rolda, e tamén á que logrou a medalla de ouro no Grand Prix.
Noraboa rapazas!!! Tremenda aprendizaxe!








