A taekwondista do Tao Laura Vázquez Hermida recibirá mañá 21 de novembro o Premio á Excelencia Deportiva, concedido pola Universidade de Vigo, no que se destaca a boa conciliación da carreira deportiva coa vida académica.
Cada ano, a Universidade de Vigo, no decurso da Gala do Deporte Universitario, fai entrega dos premios máis importantes, os premios que recoñecen os deportistas que destacan como auténticos exemplos de coherencia e constancia. Deportistas que conxugan con moito esforzo os seus adestramentos e competicións cos seus estudos. Os Premios Excelencia destacan iso precisamente, a conciliación da carreira deportiva e a vida académica.
Este ano son catro as mulleres premiadas con tal insigne distinción que recibirán unha estrela da Excelencia e un cheque por valor de 500€, das mans do reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa.
Laura Vázquez este ano logrou, xunto con Alejandro Losada, proclamarse campioa de España universitaria en parellas poomsaes. Este año foi tamén campioa de España no quinteto Freestyle, bronce de Europa quinteto Freestyle; campioa de España en exhibición adulto e bronce de España en trío 1 poomsaes.
Máis premiados. A XXVIII Gala do Deporte Universitario celebrarase o día 21 de novembro ás 19.30 h, no salón de actos do edificio Politécnico do campus de Ourense. Miryam García, Laura Vázquez e Alejandro Losada recollerán unha medalla individual pola súa actuación nos Campionatos de España Universitarios. Noutros recoñecementos especialis, os taekwondistas Alejandro Losada e Iván García serán distinguidos individualmente pola súa participación na Universiada 2019.
Noraboa a tod@s!