O taekwondo galego está de loito polo falecemento de Francisco Nicolás Ortiz, Curro, taekwondista e adestrador, ademais de pai da deportista Arlet Ortiz e irmán político do adestrador Jesús Benito.

Curro levaba o taekwondo na sangue. Como deportista formou parte da selección española e acadou bos resultados en Copas do Mundo e de Europa. Ademais, foi adestrador durante décadas. Adestrou no Budo de Vigo e foi un dos promotores do Torneo do Nadal. E ese amor polo deporte foi o que lle transmitiu aos seus fillos Arlet e Aarón.

Os seus restos mortais están a ser velados na sala número 4 do tanatorio de Marín e mañá venres 7 de xuño oficiarase o funeral no Templo Nuevo de Marín. A comitiva partirá do tanatorio ás 18:00 horas en dirección ao Templo e ao remate da misa,  realizarase a incineración na intimidade familiar.

A Federación Galega de Taekwondo quere sumarse a dor da súa familia e amigos e acompañalos nestes duros momentos.

 

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email