O taekwondo galego está a vivir un momento de enorme dor polo falecemento dunha das nosas máis novas, simpáticas e talentosas taekwondistas. A nena Lidia Zapparova, integrante da selección galega alevín de técnica, deixounos dunha forma inesperada e tremendamente dolorosa para a súa familia e amigos, para todos os integrantes do seu club, o Hans Korang I, e para a familia do taekwondo galego que chora a súa marcha.

Non hai palabras nestes complicados momentos, só acompañar aos seus co noso cariño e buscar no ceo a esa nova estrela que nos acompaña e guía dende agora.

Print Friendly, PDF & Email