O taekwondo galego está de loito polo falecemento de Bárbara Gómez, integrante da familia do Suh Sport, que foi campioa galega promesas e acadou varias medallas autonómicas tanto na categoría senior como sub21.
A Federación Galega de Taekwondo quere sumarse a dor da súa familia e amigos e acompañalos nestes complicados e duros momentos.