O sábado 7 de maio celebrarase o Open de Taekwondo Cidade do Lérez 2025 no pavillón Principe Felipe de Pontevedra. Este ano participarán máis de 500 deportistas das catro provincias galegas e tamén de Portugal, Asturias, León e Cáceres. A competición desenvolverase na modalidade de combate e nas categorías de infantil, precadete, cadete, xuvenil e senior. Este Open é Campeonato RG nas categorías cadete, xuvenil, e senior o que supón que os resultados obtidos daranlle puntos aos competidores para chegar a formar parte das seleccións autonómicas.

O Open Cidade do Lérez, que se celebra en Pontevedra desde 2011, medra este ano tanto en número de deportistas como en clubes. Participarán un total de 540 taekwondistas, o que supón 121 máis que na pasada edición. En canto ao número de clubes incribíronse 47, que son 14 máis que o ano anterior. Un 12,5 por cento dos participantes son de fóra de Galicia.

En total entre deportistas, técnicos, equipo arbitral e voluntarios o evento reunirá a unhas 730 personas. Os corpos técnicos dos clubes suman 96, o equipo arbitral estará integrado por medio cento de persoas e o equipo de voluntario contará con 45.

A competición iniciarase ás 9:00 horas coas modalidades senior, xuvenil e cadete masculino, precadete feminino e infantil. Xa pola tarde, a partir das 16:00 horas, retomarase o torneo co senior, xuvenil e cadete feminino e o precadete masculino. A competición desenvolverase de forma simultanea en oito pistas.

O torneo está organizado polo Club de Taekwondo Taekanart de Pontevedra (Monteporreiro) e conta có apoio da Federación Galega de Taekwondo e do Concello de Pontevedra. A entrada ao Pavillón Príncipe Felipe será de balde e as entregas de medallas están previstas a partir das 12:30 e 18:30 horas.

Unha das novidades deste ano e que o Open Cidade do Lérez será cuberto mediaticamente por Mundotaekwondo.com, un medio de comunicación con recoñecemento mundial.

Na presentación do Open Cidade do Lérez, que tivo lugar no Concello de Pontevedra, participaron a concelleira de Deportes, Anabel Gulías; a vicepresidenta da Federación Galega de Taekwondo, Noelia Pérez; o vicepresidente da Deputación, Rafael Domínguez, e o presidente do Club Taekanart, Toño Ríos.

Print Friendly, PDF & Email