O sábado 19 de novembro celebrarase no Pavillón Municipal de Cuntis a Copa Xunta de Galicia de técnica na que participarán 522 deportistas pertencentes a 34 clubs galegos e case 50 árbitros/as.

 

A Copa Xunta de Galicia de técnica (infantil e adultos) é un torneo que ten como obxectivo prioritario a promoción deste deporte, aínda que nos últimos anos inclúe a categoría competitiva, que outorga puntos para o ránking galego de técnica.

 

Neste torneo participan aqueles deportistas que acadaron a clasificación nas fases provinciais, que se celebraron no mes de outubro coa participación de case 1.400 deportistas.

Print Friendly, PDF & Email