Esta fin de semana disputaranse os campionatos escolares provinciais de técnica e freestyle, cunha participación total de máis de 1.000 deportistas.

 

A proba de Pontevedra celebrarase o sábado en Cambados (Pavillón do Pombal) organizada polo Innae  e será a que reunirá a máis participantes (648).  Tamén o sábado 13 disputaranse os campionatos de Lugo e Ourense. Taboada acollerá a proba de Lugo (organizada polo Neka) cun total de 156 inscritos, mentres que o campionato de Ourense, coa organización do Couto, disputarase na capital ourensá (Pavillón Municipal de Oira) con 75 deportistas.

 

E remataremos o domingo 14 de maio, coa fase correspondente á provincia da Coruña. O torneo, organizado polo Han´s Horang I, terá lugar o domingo 14 de maio no Concello de Irixoa e conta cunha inscrición de 165 taekwondistas.

 

Xornada para desfrutar do taekwondo!

Print Friendly, PDF & Email