Máis de trescentos deportistas participarán o sábado 1 de xuño na oitava edición do Open “Cidade do Lérez” de combate, que se celebrará en Pontevedra (Pavillón Príncipe Felipe, a partir das 09:00 horas) organizado polo Taekanart de Pontevedra.
O sábado pola mañá (a partir das 09:00) terá lugar a competición para as categorías absoluta, cadete e infantil, mentres que pola tarde (a partires das 16:00 horas) competirán os alevín e júnior. En total, 316 participantes de 23 clubs e 22 árbitros. O torneo celebrarase sobre as 6 pistas dispostas no pavillón, con todos os medios electrónicos actuais (cascos, petos e vídeo-replay). O prezo da entrada será de 5 euros.
O evento é ranqueable de categoría RG2, polo que os resultados contan para a confección do ránking galego, que decidirá a formación das diferentes seleccións galegas para participar nos campionatos de España.