Mañá 30 de novembro celebrarase en Mondoñedo a III Copa Ibérica Feminina, que este ano reúne a cen participantes.

 

Este evento naceu coa intención de por en valor o taekwondo feminino en todas as súas facetas, polo que todas as persoas que participan no torneo son mulleres (adestradoras, xuízas, deportistas…). O primeiro ano celebrouse só na modalidade combate e na segunda edición xa se incorporou a de técnica, que se mantén tamén nesta terceira edición.

 

Este evento é organizado polo  Club de Taekwondo Vilalba Jansu, Federación Galega de Taekwondo e CD Biobardo, en colaboración co restaurante O Petisco e o Concello de Mondoñedo. Na organización deste torneo, dende a primeira edición, están tremendamente implicadas as nosas árbitras internacionais María Bautista e Conchy Martínez, aínda que este ano María non poderá estar xa que se atopa arbitrando en Barhein.

 

Grazas á colaboración do Concello de Mondoñedo, o torneo contará cun trofeo que é a imaxe da Copa Ibérica Feminina. Ademais, o club que se proclame gañador da Copa, trala suma dos puntos acadados tanto en combate como en técnica, recibirá o premio especial “O Petisco” de 400€.

 

 

Print Friendly, PDF & Email