Continúan as boas novas que nos chegan de Sofía (Bulgaria). Manu Parada (-68 quilogramos, Natural Sport Ribeira) acadou a medalla de bronce nos Multi European Games, que se están a disputar estes días na capital búlgara.
O galego librou en primeira rolda e avanzou ata os oitavos de final onde se enfrontou ao italiano Gabriele Caulo. Foi un combate moi duro e táctico que se decidiu finalmente no punto de ouro a favor do galego (1-2). Nos cuartos de final, Manu enfrontouse a outro español, Javier Pérez, ao que tamén superou noutra axustadísima loita. Xa coa medalla de bronce asegurada, Parada buscou entrar na gran final, pero tiña como rival a o ruso Viacheslav Minin, que o impediu (5-15). Unha nova medalla para Manu Parada, que está a facer unha moi boa tempada.
Noraboa Manu!!