Mateo Boudjenane (-68, Boudsport) proclamouse, na cidade búlgara de Sofía, subcampión de Europa de clubs 2023 na categoría júnior e logrou ademais a clasificación para o Campionato de Europa sub 21.
O galego fixo un total de catro combates. En primeira rolda superou ao italiano Nicolás Expósito e posteriormente, en cuartos de final, eliminou a Mal Sahit (Kosovo). A semifinal foi ante o inglés Zak Ángell, vencedor deste torneo o pasado ano e ao que Mateo se enfrontara no Open de España, con vitoria para o inglés. Nesta ocasión, Boudjenane non lle deu opción e clasificouse para a final, onde esperaba o subcampión do mundo júnior, o serbio Zarko Krajisnik. Mateo fixo un gran combate e o marcador estivo moi igualado, aínda que finalmente se decantou do lado do serbio.