Esta fin fe semana celebrouse o Open de Serbia en Belgrado e Galicia contou con varios representantes no prestixioso evento G-1. Hai que destacar o ouro de Iván García e o bronce de Tania Castiñeira na categoría sénior; e as medallas de Víctor Videla (prata), Tomasa Franco e Carla Sesar (bronces) en júnior.

 

Iván García (+87, Mat´s) está de volta! Esta fin de semana logrou a primeira vitoria dende o seu regreso á competición trala grave lesión de comezos do 2023. No Open de Serbia, o galego logrou a medalla de ouro. En primeira ronda superou ao representante de Exipto, nun combate sinxelo (2-0)  aínda que traballado, tal e como esperaba o noso taekwondista. Na final, Iván enfrontouse  a Macedonia e Iván desfrutou no tapiz, a pesar de que o combate se decidiu en tres asaltos, pero as sensacións foron boas.

 

Pola súa banda, Tania Castiñeira (+73, Hebe) foi bronce. Tania superou no primeiro combate á representante de Grecia en dous asaltos e con comodidade e así logrou plantarse nas semifinais, onde esperaba Malena Jalh (Austria). Aquí a austríaca foi mellor e logrou o pase á final. Tania está encontrando boas sensacións nos últimos torneos e xa pensa no vindeiro.

 

Víctor Videla (-45, Natural) acadou a medalla de prata no Open de Serbia na categoría júnior. O galego superou na semifinal a Francesco Carlone (Italia) en dous asaltos , pero no puido na final co local Pavie Radisic, nun combate que se decidiu en tres asaltos.

 

En -52, Tomasa Franco (Natural) logrou a medalla de bronce nun peso con moita participación. A galega eliminou en primeira rolda a Nevena Bijedic (Serbia) en dous asaltos e posteriormente á búlgara Elena Lilova (2-0). Nos cuartos de final superou a Stanislava Kostadinova (Bulgaria) nun combate moi disputado (2-1) e así garantiu a medalla de bronce. Na semifinal enfrontouse a Aidana Sundetbay (Casaquistán) e non puido con ela, que foi finalmente a vencedora do Open de Serbia.

 

E tamén na categoría júnior Carla Sesar (-55, Natural) subiu ao podio no Open de Serbia. Comezou vencendo a Lola Nikolic (Serbia) de forma clara (2-0) e nos cuartos superou a Lana Horvat (Croacia), tamén en dous asaltos. Na semifinal non puido coa croata Ema Bugarinovic, nunha loita que tivo que decidirse no terceiro asalto.

 

Print Friendly, PDF & Email