A galega Miryam García (-62, Patiño) acadou a medalla de prata no Open de Romanía despois de catro intensos combates, nos que rendeu a un gran nivel.

 

A galega superou en oitavos e cuartos ás representantes de Polonia e Francia, respectivamente. Na semifinal tiña como rival a Marta Calvo (España) e Miryam estivo moi centrada y logrou impoñerse para meterse na gran final onde esperaba Nadja Tesic (Serbia). No último combate non puido eliminar a Tesic, pero fantástica actuación de Miryam que segue dando pasos importantes nas competición internacionais.

 

Tamén participou no Open de Romanía, Pablo Patiño, que caeu nos cuartos de final ante o representante de USA. Con anterioridade vencerá a Italia.

 

O terceiro representante galego neste Open foi o técnico Miguel Patiño, que estaba dirixindo ao equipo nacional como coach, e que subiu a recibir o trofeo de campión por equipos, que foi para a selección española.

 

Noraboa a tod@s!!

Print Friendly, PDF & Email