Do 10 ao 16 de xuño celebraranse en Sofía (Bulgaria) os Multi European Games 2021, nos que teremos unha importante participación galega.
A competición comezará mañá coa categoría cadete, na que contamos con catro protagonistas: Ada Hermelo (-33, Hebe), Nadia Bouzas (-37, Kae Sport), Noa Romero (-44, Natural Sport) e Pablo Torrado (-41, Suh Costado). Os cadetes xa se atopan en Sofía xunto co seleccionador Pablo Carou e a nosa árbitra internacional María Bautista.
Nadia, Ada e Pablo xa realizaron hoxe a súa pesada e competirán mañá, mentres que Noa sairá ao tapiz o venres. En xogo, a clasificación para o Campionato de Europa Cadete, xa que os dous primeiros clasificados terán un posto seguro no Europeo.
Na competición júnior tamén teremos unha destacada participación con María Ferreiro (-49, Couto), Yadira Reimúndez (-55, Mat´s), Irene Montemuiño (-63, Natural Sport), Cloe Iglesias (-63, Patiño), Ainoha García (-68, Couto), Nuria Cernadas (+68, Natural Sport), Javier Otero (-45, Kae Sport), Samuel Meilán (-59, Tao), Borja Franco (-63, Natural Sport), Adrián Salanova (-68, Maniotas) e Sergio Troitiño (-78, Mat´s). Xunto a eles os técnicos Tito González e Raúl Bouzas. Aquí, os dous primeiros se clasifican para o Europeo de pesos olímpicos da categoría e se son deportistas do ano 2004 tamén logran unha praza no Europeo sub 21.
E por último, sinalar que na categoría sénior a Federación Española viaxa a Sofía cunha selección na que figuran sete galegos. Na categoría masculina temos a Manu Parada (-68, Natural Sport), Pablo Patiño (-68, Patiño) e Iván García (+87, Mat´s), mentres que na feminina contamos con Sara Cortegoso (-46, Mace Sport), Alma Pérez (-53, Suh Sport), Arlet Ortiz (-57, Mat´s) e Tania Castiñeira (+73, Hebe).