Monforte de Lemos acolle, por terceiro ano consecutivo,  o Campionato Galego de Técnica e Freestyle. O Pavillón da Pinguela será a sede deste torneo, que se celebrará o domingo 27 de xaneiro (a partir das 09:30 horas), con máis de 300 inscricións  e 27 árbitros. Será a primeira proba do ano 2019, despois do parón polas festas do Nadal.

O campionato comezará as 09:30 horas, coa disputa do Galego de Técnica nos catro tapices dispostos no Pavillón da Pinguela para desenvolver a competición nas categorías cadete, júnior, sénior e máster a nivel individual, e sen esquecer as parellas e tríos (cadete, júnior e sénior). En total 226 inscritos/as.

Ao remate da competición de técnica (13:30 horas), dará comezo o Campionato Galego de Freestyle, con 80 inscricións. Esta modalidade, aínda bastante reciente, é unha combinación libre de técnicas de taekwondo con coreografía e música, polo que resulta moi atractiva tanto para o público coma para os propios practicantes. Desenvólvese de forma individual, por parellas e por equipos. En Galicia os resultados en freestyle están a ser espectaculares, tanto a nivel nacional coma internacional.

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email