Monforte de Lemos acollerá mañá 21 de xaneiro o Campionato Galego Adulto de Técnica e Freestyle, con máis de 180 inscricións e preto de 30 árbitros/as. Esta proba é moi importante xa que outorga puntos para o ránking galego e é clasificatoria para o Campionato de España.
O torneo comezará ás 09:30 horas, coa disputa do Galego de técnica absoluto, no que contamos con máis de 160 inscricións, entre os que se atopan medallistas nacionais e internacionais. A partir das 13:30 horas dará inicio o Galego de Freestyle, con máis de 30 inscricións e tamén un enorme nivel, dada a calidade das e dos nosos taekwondistas.
No caso das probas individuais o Galego outorga puntos para a clasificación para o Campionato de España, que se celebrará en febreiro en La Nucía (Alacante). No caso das parellas, tríos e quintetos, os campións galegos acadan a clasificación directa