Samuel Meilán (Tao), Noa Romero (Natural Sport Riveira) e Sergio Troitiño (Mat´s) son os tres galegos que participarán no Europeo Cadete, que se vai disputar en Marina D´Or (Castellón) do 1 ao 3 de outubro. Os tres galegos partiron hoxe domingo dende Peinador para incorporarse á concentración en Castellón. Noa Romero (-33 quilogramos) será a primeira en competir o martes, mentres que Samuel Meilán (-49) farao o mércores e Sergio Troitiño (+65 quilogramos), o xoves.
A continuación (do 4 ao 6 de outubro) celebrarase o Europeo júnior, no que Galicia terá unha importante representación. Alí estarán María Ferreiro (-44, Couto), Diana Siota (-49, Couto), Cloe Iglesias (-59, Patiño Moaña), Ainoha García (-63, Couto), Desiree Rivadulla (+68, Suh Sport) na categoría femenina e Giovanni Imparato (-55, Mace Sport), Alejandro Paz (-55, Natural Sport Riveira) e Pablo Patiño (-68, Patiño Moaña) na masculina.
Moita sorte para todas e todos!!! Estaremos pendentes e animando dende aquí!